Como ben sabes, na Idade Media a política atopábase en mans dos nobres e da Igrexa, os dous estamentos máis poderosos.
A familia de Nuno o Malo, os Andrade, dende o s. XIV foi unha das máis importantes de Galicia. O seu poder apareceu grazas ao seu tío Fernán Pérez de Andrade o Bo (ca. 1330 - 1397), quen conseguíu convertir en seus os feudos de Ferrol, Vilalba e Pontedeume.
Como o logrou? Grazas a unha terrible traición!! E ao rei!!
Cos teus coñecementos sobre a sucesión en Castela e a aparición dos Trastámara, non terás problemas para superar o xogo de Fernán Pérez de Andrade. Iso si, debes investigar nos feitos, porque non todo é o que parece, pois como dicían na época "Ni quito ni pongo al rey, pero ayudo a mi señor".
O xogo non conleva puntos, pero darache unha información moi importante para o futuro, así que garda ben os datos. Se non queres facelo, podes avanzar a polo tesouro, pero logo non poderás volver atrás.
A decisión é túa e do teu pobo irmandiño!!
E lembra, xa cho avisaba ao comezo desta fase... Ollo co traidor!